Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Para a realización de traballos de queima en terreos agrícolas, forestais e zonas de influencia os veciños e veciñas están obrigados a solicitar a correspondente comunicación ou autorización de queima:

♦ Restos amoreados:

– Queima de restos agrícolas amoreados: comunicación de queima (solicitarase cunha antelación mínima de dous días)

– Queima de restos forestais amoreados: autorización de queima (solicitarase cunha antelación mínima de sete días)

♦ Queimas controladas:

– Queima que para a súa realización deberá contar coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios: autorización de queima (solicitarase cunha antelación mínima de sete días)

Para realizar unha COMUNICACIÓN DE QUEIMA, os veciños e veciñas poden:

Chamar ao teléfono 012, ou

Acceder ao procedemento vía online na seguinte ligazón: IR Á LIGAZÓN Comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados

Para realizar unha AUTORIZACIÓN DE QUEIMA, os veciños e veciñas poden:

Chamar ao teléfono 012

Con carácter xeral, están prohibidas as queimas nos meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións meteorolóxicas e de risco.

Na seguinte ligazón á páxina web da consellería de medio rural pode acceder á Información relativa a comunicacións de queimas:

IR Á LIGAZÓN Información sobre comunicación de queimas

Na seguinte ligazón pode consultar o índice de risco diario de incendio forestal:

IR Á LIGAZÓN Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI)

Back to top