Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos dá resposta de emerxencias en menos de 20 minutos para a zona de Mugardos, Ares, Fene, Neda, Valdoviño, e Cabanas. Estas actuacións realízanse en colaboración cos parques de bombeiros.

O GES ofrece os seus servizos durante as 24 horas do día, os 365 días do ano

CONTACTO

Pode contactar co GES de Mugardos polas seguintes canles:

Teléfono de emerxencias: 112

Teléfono de contacto: 649 874 383

Correo electrónico: gesmuga@gmail.com

Redes sociais IR Á LIGAZÓN Facebook do GES

FUNCIÓNS

As funcións dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) son:

  • Intervir en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este.
  • Definir redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e defensa contra os incendios forestais.
  • Investigar a propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal en aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
  • Prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, mediante rozas en terreos forestais ou de influencia forestal da titularidade dos concellos ou de propietario descoñecido e perímetros e parcelas como abandonadas segundo a Lei 6/2011.
  • Realizar actuacións de prevención de pragas, entre elas de prevención da praga da avespa velutina, tales como control e retirada de niños, entre outras actuacións que contribúan á súa prevención.
  • Intervir en situacións de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas, e sen ser responsables do seu mantemento, mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente en caso de accidente, utilizando os materiais e medios que se requiran. A responsabilidade derivada das reclamacións patrimoniais que poidan xurdir, será da administración titular da vía na que se produza o sinistro.
  • Intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións e de seca, así como actividades de prevención e control fronte a pragas e doenzas forestais.
  • Colaborar, e no seu caso, intervir en situacións derivadas de riscos inducidos polo home.
  • Colaborar coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. As actuacións serán obxectivamente analizadas polo concello sede.
  • Colaborar e apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente.
  • Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM), e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente.
  • Realizar actividades e, no seu caso, establecer medidas preventivas que diminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores.
  • Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

A ordenanza fiscal que regula os servizos prestados polo GES é a ordenanza fiscal nº 27 reguladora da taxa pola prestación do servizo contra incendios e salvamentos:

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 27 reguladora da taxa pola prestación do servizo contra incendios e salvamentos

FINANCIAMENTO

Este proxecto está financiado por:

Back to top