Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRÓXIMOS EVENTOS

Cando unha persoa desexa comunicar o inicio dunha obra que non está suxeita á solicitude de licenza urbanística (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos), deberá comunicar no concello a intención de levar a cabo dita obra cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.

INSTANCIA

 DESCARGAR PDF Instancia para a comunicación previa de obras

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Previo á presentación da instancia, e en función do orzamento da obra, a persoa que desexe realizar a comunicación deberá realizar o pago do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras (ICIO), e da taxa pola expedición de documentos administrativos.

Unha vez cumprimentada a instancia, aportada a documentación requerida na mesma e abonada a taxa (debe adxuntarse á documentación o xustificante do pago do imposto e da taxa), toda esta documentación deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Dirección: Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles logo da presentación da comunicación previa (se foron cumpridos todos os requisitos esixidos), este trámite xa constitúe título habilitante para o inicio das obras.

En todo caso, o Concello segue estando autorizado para realizar todas as medidas de comprobación, control e inspección que considere oportunas.

NORMATIVA REGULADORA

Existen dúas ordenanzas municipais vixentes que regulan os pagos que deben realizarse como paso previo para a tramitación da comunicación previa de obras:

 DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO)

 DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 9, reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos

Na seguinte ligazón ao apartado de instancias e solicitudes da web están dispoñibles todas as instancias do departamento de urbanismo

IR Á LIGAZÓN Instancias e solicitudes municipais

Back to top