Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Establecendo firmemente como obxectivo estratéxico e político a conservación e a sustantibilidade ambiental, o Concello de Mugardos aposta pola prestación aos veciños e veciñas de diversos servizos xestionados desde o departamento de Medio Ambiente municipal. Estos son os principais trámites que poden realizarse:

Para tramitar unha solicitude de contenedores para algunha parcela municipal concreta debe rexistrarse unha instancia tipo no Concello sinalando o número de contenedores requeridos, as datas, a finalidade e a persoa responsable do mantemento dos mismos en bo estado.

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia tipo

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez cumprimentada, a instancia deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Dirección: Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

Non existe unha normativa reguladora da cesión de contenedores, e as solicitudes son resiltas por orden cronolóxica de rexistro e en virtude da dispoñibilidade de contenedores por parte da concellería.

Para tramitar unha solicitude de xestión de biomasa nalgunha parcela municipal concreta ao amparo da lexislación vixente, debe rexistrarse unha solicitude no Concello.

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia da xestión da biomasa

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez cumprimentada, a instancia deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

Existe unha ordenanza municipal vixente reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Mugardos, publicada no Boletín Oficial da Provincia o 19 de xuño de 2015 e que pode descargarse na seguinte ligazón:

DESCARGAR PDF Ordenanza municipal da xestión da biomasa e distancias das plantacións

Ao amparo da regulación normativa referente á tenencia, adestramento e manexo de animais potencialmente perigosos, e co obxecto de preservar a seguridade das persoas, bens e outros animais, o Concello dispón dun rexistro de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos.

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia para o rexistro de animais de compañía e potencialmente perigosos

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Para a inscrición no rexistro o propietario deberá acreditar a identificación do animal, presentar o documento acreditativo entregado polo veterinario responsable da identificación e comunicar os datos relativos ao nome e apelidos do propietario ou posuidor, domicilio, teléfono e DNI e os datos relativos á especie do animal, raza, sexo, data de nacemento, características morfolóxicas, función/aptitude, código de identificación e domicilio habitual do animal.

Unha vez cumprimentada, a instancia xunto coa documentación requerida deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Dirección: Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

Existe unha ordenanza municipal vixente sobre a protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos, publicada no Boletín Oficial da Provincia o 26 de setembro de 2016 e que pode descargarse na seguinte ligazón:

DESCARGAR PDF Ordenanza municipal protección e tenza de animais

Back to top