SOLICITUDE DE VAO
Os veciños e veciñas que desexen solicitar unha licenza para a reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir facilitar por regra xeral o acceso dun vehículo ao garaxe dunha vivenda, edificio, local, etc., deberán realizar unha solicitude de vao.
INSTANCIA
DESCARGAR PDF Instancia de solicitude de vao
TRAMITACIÓN E REXISTRO
Previo á presentación da instancia, a persoa que desexe realizar a solicitude deberá realizar o pago da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local.
Unha vez cumprimentada a instancia, aportada a documentación requerida na mesma e abonada a taxa (debe adxuntarse á documentación o xustificante do pago), toda esta documentación deberá ser rexistrada no concello por algunha destas dúas canles:
- Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
NORMATIVA REGULADORA MUNICIPAL
Existen unha ordenanza municipal vixente que regula o pago que debe realizarse como paso previo para a tramitación da solicitude de vao: