Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DEPÓSITO E RECOLLIDA DE LIXO

Segundo a ordenanza de limpeza do Concello de Mugardos, o lixo e os desperdicios serán depositados en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores antes das 22.00 horas e despois das 07.00 horas. Por regra xeral, prohíbese depositar o lixo os sábados e nas datas que o Concello indique como inhábiles do servizo recollida mediante Bando ou Resolución da Alcaldía.

Co obxectivo de manter nas mellores condicións de ornato e limpeza as rúas do concello, o servizo de recollida de lixo funciona de luns a sábado (os domingos faino de xeito excepcional) en horario de mañá.

A recollida de lixo realízase por núcleos de poboación. Os días de recollida son:

  • Mugardos: de luns a sábado
  • Franza: martes, xoves e sábado
  • O Seixo: luns, mércores e venres
  • San Xoán: luns, mércores e venres
  • Simou: martes, xoves e sábado
  • Meá: martes, xoves e sábado

RECOLLIDA DE ENSERES

As persoas interesadas en depositar residuos voluminosos (obxectos de gran tamaño, mobles e aparellos varios, susceptibles de ser reciclado) deberán notificalo previamente ó Concello antes do venres anterior a cada recollida ás 14:00 horas, mediante un dos seguintes canles.

Telefónicamente, chamando ó número 981 470 338 (extensión: #2028), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Enviando un correo electrónico ó seguinte enderezo:enseres@mugardos.gal

Enviando unha mensaxe ó Whatsapp de “Mugardos en Liña”, indicando o nome e apelidos, obxectos a depositar (máximo 5 por domicilio), teléfono de contacto, e punto no que se depositarán (no contenedor máis próximo ó domicilio).

Na seguinte ligazón pode accederse á información relativa ao servizo Mugardos en Liña:

IR Á LIGAZÓN Información sobre o servizo Mugardos en Liña

A recollida de enseres realízase cada luns.

En tódolos casos, o depósito de enseres se realizará o domingo anterior ó luns de recollida, en horario de 20,00 a 22,00 horas. Depositar outro día distinto empeora a limpieza do concello, e segundo o RDL 6/2015 do 30 de outubro pode dar lugar á imposición de sancións.

Por outra banda, non deben depositarse enseres se hai temporal (polo perigo de que os enseres poidan desprazarse co vento e danar a persoas ou vehículos). Prégase colaboración cidadá para manter a limpeza do municipio nas mellores condicións posibles.

Back to top