SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E ENSERES
DEPÓSITO E RECOLLIDA DE LIXO
Segundo a ordenanza de limpeza do Concello de Mugardos, o lixo e os desperdicios serán depositados en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores antes das 22.00 horas e despois das 07.00 horas. Por regra xeral, prohíbese depositar o lixo os sábados e nas datas que o Concello indique como inhábiles do servizo recollida mediante Bando ou Resolución da Alcaldía.
Co obxectivo de manter nas mellores condicións de ornato e limpeza as rúas do concello, o servizo de recollida de lixo funciona de luns a sábado (os domingos faino de xeito excepcional) en horario de mañá.
A recollida de lixo realízase por núcleos de poboación. Os días de recollida son:
- Mugardos: de luns a sábado
- Franza: martes, xoves e sábado
- O Seixo: luns, mércores e venres
- San Xoán: luns, mércores e venres
- Simou: martes, xoves e sábado
- Meá: martes, xoves e sábado
RECOLLIDA DE ENSERES
Todos os obxectos, mobles, aparellos que se poden reciclar son os chamados residuos voluminosos.
O Concello de Mugardos realiza a recollida de enseres ou residuos voluminosos gratuitamente previo aviso no concello por calquera destas canles:
De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas: 981 470 338 (extensión: #2028)
Avenida de Galicia, 45 – baixo
Os veciños e veciñas que desexen depositar enseres deben comunicalo previamente ao concello informando de:
- Nome e apelidos
- Os obxectos que se depositarán (máximo 5 por domicilio)
- Teléfono de contacto
- Punto onde se depositarán
Os usuarios e usuarias do servizo Mugardos en Liña poden facer o aviso do depósito directamente a través deste servizo. Simplemente terán que enviar unha mensaxe coa dirección do depósito (sempre no contedor máis cercano ao domicilio) e a relación de elementos que se teñan previsto depositar. Na seguinte ligazón pode accederse á información relativa ao servizo Mugardos en Liña:
IR Á LIGAZÓN Información sobre o servizo Mugardos en Liña
A recollida de enseres realízase o 1° e 3° luns de cada mes.
En tódolos casos, o depósito de enseres só pode facerse o domingo anterior ao luns de recollida, no contedor máis cercano ao domicilio. Depositar outro día distinto empeora a limpieza do concello, e segundo o RDL 6/2015 do 30 de outubro pode dar lugar á imposición de sancións.
Por outra banda, non deben depositarse enseres se hai temporal (polo perigo de que os enseres poidan desprazarse co vento e danar a persoas ou vehículos).