POLICÍA LOCAL
CONTACTO
Avenida de Galicia 45 (acceso traseiro da casa do concello)
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
629 416 969
981 470 290 (extensión #2006)
juancarlos.garcia@mugardos.gal
FUNCIÓNS
Os Corpos de Policía Local deberán exercer as seguintes funcións:
a) Protexer ás Autoridades das Corporacións Locais, e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
b) Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no centro urbano, de acordo co establecido nas normas de circulación.
c) Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do centro urbano.
d) Policía Administrativa, no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
e) Participar nas funcións de Policía Xudicial, na forma establecida no artigo 29.2 desta Lei.
f) A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, na execución dos plans de Protección Civil.
g) Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.
h) Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
i) Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
NORMATIVA
As funcións da Policía Local están reguladas pola Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade:
IR Á LIGAZÓN BOE Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade