Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Mugardos realiza unha xestión directa dos servizos municipais de auga, lixo e sumidoiros tanto da prestación dos servizos como da recadación das taxas polos mesmos.

  • SUBMINISTRO DE AUGA é actividade municipal realizada polo Concello con motivo da distribución de auga potable a domicilio e o enganche de liñas á rede. A cota tributaria polo enganche de liñas á rede esixirase unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 21,67 € por cada vivenda ou local comercial. E posteriormente abonarase un recibo trimestral segundo o consumo realizado.
  • SERVIZO DE SUMIDORIOS consiste na actividade municipal, técnica e administrativa que tende a verificar as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipais, e a prestación do servizo de evacuación de augas a través da rede de sumidoiros municipais, e o seu tratamento para depuralas. A cota tributaria polo enganche á rede esixirase unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 22,21 € por cada vivenda ou local comercial. E posteriormente abonarase un recibo trimestral segundo o consumo realizado.
  • Así mesmo, ao darse de alta no servizo de sumidoiros, o veciño e veciña será dado de alta no SERVIZO DE SANEAMENTO (servizo municipal de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal en alta da zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol). A taxa a abonar será unha parte fixa (cota de servizo) e unha parte variable (cota de consumo) segundo o consumo de auga.
  • RECOLLIDA DE LIXO é o servizo de recollida e tratamento de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, locais ou establecementos. Non se abona ninguna cantidade inicial e, unha vez realizada a alta, abonarase unha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino do inmoble e da súa situación.

As persoas que desexen darse de alta ou baixa nestes servizos, deberán realizar a tramitación nas propias oficinas municipais.

Unha vez cumprimentada a instancia, esta deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles logo da admisión e tramitación da solicitude, esta deberá ser resolta polo órgano municipal competente.

As persoas que estando de alta nestes servizos desexen pedir a exención ou bonificación das taxas derivadas dos mesmos, poden consultar a información na seguinte ligazón desta web municipal:

IR Á LIGAZÓN Bonificacións e exencións das taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR

Back to top