Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

INFORMACIÓN MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL – OMIX

Avenida de Galicia nº 45, 1º andar

981 470 290 (extensión: #2033)

Horario de atención ao público: de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas

omix@mugardos.gal

Persoa de contacto: Mar Novoa

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mugardos foi posta en marcha no ano 1995, e á fronte de dita oficina atopase unha informadora xuvenil, contando coa colaboración da animadora sociocultural e do técnico deportivo do concello para a elaboración e desenvolvemento de programas.

Dende a OMIX faise chegar puntualmente información a tódalas sociedades enmarcadas dentro do ámbito territorial do concello, así como á biblioteca municipal e aos centros educativos. Así mesmo, desde a posta en marcha desta oficina, expídese o Carné Xove Euro 26.

Esta oficina é o lugar axeitado para obter información sobre actividades, cursos, viaxes, convocatorias, mundo laboral e en xeral, calquera outra información que poidera ser de interés para a mocidade mugardesa, co obxectivo de coordinar toda a información de interese para a xuventude e facela chegar ó maior número de mozos e mozas:

  • Posibilitar as canles adecuadas para a súa formación social, laboral, profesional, etc.
  • Posibilitar as canles de información para as actividades de ocio e tempo libre.
  • Recoller tódalas inquedanzas que moven á mocidade do concello e darlles resposta dende esta oficina.

INSTANCIAS

DESCARGAR PDF Instancia tipo

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Para a realización de calquera consulta, tramitación e solicitude, pode entregar a solicitude na OMIX ou rexistrala vía sede electrónica:

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil: nas oficinas municipais
  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Back to top