Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

 INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Avda. de Galicia, 68 baixo

981 470 301

Horario de atención ao público: no inverno de luns a venres de 12.00 a 14.00 horas  e 16.00 a 19.00 horas; no verán de luns a venres de 10.00 a 14.30 horas.

Persoa de contacto: Fátima García

mugardos.rbgalicia@eidolocal.es

A Biblioteca Municipal de Mugardos presta os seguintes servizos aos usuarios e usuarias:

  • Información e referencia
  • Préstamo de libros, revistas, música, películas, videoxogos, etc.
  • Equipos informáticos
  • Conexión WIFI
  • Préstamo electrónico a través das seguintes plataformas:

IR Á LIGAZON Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe

IR Á LIGAZÓN Biblioteca dixital da provincia da Coruña EBIBLIODACORUNA

O carné da biblioteca, que é personal e intransferible, serve para poder levar á casa libros, revistas, cds de calquera biblioteca da rede… Ademais, permite acceder a GaliciaLe, a plataforma de préstamo electrónico de Galicia.

Para facelo hai que cubrir a solicitude en calquera biblioteca da rede ou na web do catálogo. Ao entregar a solicitude na biblioteca, realízase unha fotografía no momento e compróbanse os datos. No caso de que a solicitude a faga un menor de 14 anos, debe facerse acompañado/a.

O máximo de préstamos por persoa na biblioteca de Mugardos é de 5, e cóntase por tipo de material do seguinte xeito: libros (máximo 3 durante 21 días), audiovisuais (máximo 1 durante 7 días), arquivos de ordenador (máximo 1 durante 7 días) e revistas (máximo 1 durante 7 días).

A renovación dos préstamos pode realizarse na biblioteca e por internet a partir do 5º día (sempre que non estea reservado por outra persoa), no segundo caso debe accederse á plataforma co número de lector/a e o contrasinal. A ligazón para a renovación dos préstamos por internet é a seguinte:

IR Á LIGAZÓN Renovación de préstamos por internet

Se un/ha usuario/a entrega os seus préstamos fóra de prazo queda días sen poder usar o servizo de préstamo (1 día por cada documento/día de atraso). Se non se devolve un documento, o carné quedará bloqueado permanentemente e non poder retirarse material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No caso de deterioro ou perda de material durante un préstamo, o persoal da biblioteca valorará se é posible a reparación dos danos cos medios dos que dispón. De non ser así, o material deberá repoñerse por outro igual por parte do usuario/a responsable.

Unha vez cumprimentado o formulario (e a instancia de autorización se fose necesario), deberase entregar a solicitude na biblioteca ou rexistrala vía sede electrónica:

  • Biblioteca Municipal de Mugardos: na Avda. de Galicia, 68 baixo
  •  Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Back to top