Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Espazo Infantil de Xogo (EIX) é un servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-12 anos durante os períodos de vacacións escolares, con contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade, a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Realízanse tamén saídas e excursións para que os/as rapaces/as coñezan mais da súa contorna.

Este servizo compleméntase co servizo de comedor, dividido en almorzo e xantar, que contribúe á promoción da saúde e á educación de habilidades sociais, ademáis de favorecer a conciliación familiar e laboral das familias mugardesas.

O espazo infantil de xogo desenvólvese nas instalacións autorizadas do CEIP Unión Mugardesa (45 prazas por quincena) e do CEIP Santiago Apóstolo Franza (30 prazas por quincena) durante os meses de xullo e agosto, e os usuarios poden optar pola asistencia en horario completo (de 8.00 a 14.00 horas) ou reducido (de 10.30 a 14.00 horas).

Unha vez aberto o prazo de inscrición (xeralmente durante o mes de maio), os interesados deberán rexistrar a solicitude no concello acompañada do cuestionario de saúde, as autorizacións e o documento de domiciliación bancaria, así como a documentación que se indica na instancia de solicitude.

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Elaborarase unha lista provisional de persoas admitidas co período concedido e coas puntuacións obtidas, e concederase un prazo de 5 días hábiles para a presentación de reclamacións. Posteriormente, publicarase a listaxe definitiva.

Para acceder a este servizo non hai que abonar matrícula, e os prezos e as bonificacións son as que veñen recollidas no artigo 5 da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación, dispoñible no apartado seguinte.

A normativa municipal vixente na actualidade ao respecto do espazo infantil de xogo son as bases xerais de funcionamento e acceso ao espazo infantil de xogo  que se aproban anualmente e a ordenanza fiscal nº 28, reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral vixente no concello desde 2015:

DESCARGAR PDF Bases xerais de funcionamento e acceso ao espazo infantil de xogo

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación

Back to top