Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Este departamento é o encargado de coordinar e xestionar as relacións coa comunidade educativa dos centros de ensino sitos no Concello de Mugardos. Tamén é o encargado de representar á entidade local nos consellos escolares de cada centro así como a presidencia e convocatoria do Consello Escolar Municipal.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) está tamén dentro das tarefas desenvoltas por esta concellería, do mesmo xeito que a coordinación xunto coa Concellería de Cultura e Deporte de actividades e recursos municipais.

Os veciños e veciñas interesados en poñerse en contacto co departamento poden facelo:

Concelleira de Educación e Mocidade: Begoña Roldós Iglesias

Avenida de Galicia 45, 1º andar

981 470 290 (extensión #2049)

begona.roldos@mugardos.gal

Back to top