CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL
O Consello Escolar Municipal de Mugardos, en adiante CEMM, é o órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario no ámbito municipal. As funcións propias do CEMM son o asesoramento, consulta, proposta e información en cuestións relacionadas cos centros de ensino municipais.
O Consello Escolar Municipal de Mugardos está constituído polos seguintes membros:
- Presidente/a: o/a alcalde ou membro da corporación en quen delegue, que será quen o presida.
- Vicepresidente/a: o/a concelleiro de cultura, educación, política lingüística, mocidade e deportes.
- Un concelleiro/a designado por cada un dos grupos municipais.
- Un representante da asociación de veciños.
- Un representante por cada un dos equipos directivos dos centros públicos e privados de Mugardos, ou profesor elixido polo claustro.
- Un profesor representante das escolas unitarias.
- Dous representantes das centrais sindicais maioritarias, en proporción ás representacións obtidas no municipio nas eleccións sindicais respectivas no sector docente.
- Un representante da administración educativa, designado polo delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Un representante por cada unha das asociacións de pais de alumnos constituídas nos centros de ensino de Mugardos.
- Tres alumnos elixidos polos representantes dos alumnos nos consellos escolares dos centros do municipio.
- Secretario/a: o/a da comisión informativa de cultura, educación, política lingüística, mocidade e deportes, ou no seu defecto, un/ha membro do Consello elixido no seu seo, sendo o seu cometido estende-las actas das reunións, co visto e prace do presidente, para o que asistirá ás mesmas con voz e sen voto.
Na actualidade estes cargos están pendentes de renovación logo do cambio de goberno municipal en decembro de 2019. Na seguinte ligazón pode consultarse o regulamento do CEMM publicado no BOP en 2000: