O Espazo Infantil de Xogo (EIX) é un servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-12 anos durante os períodos de vacacións escolares, con contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade, a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Realízanse tamén saídas e excursións para que os/as rapaces/as coñezan mais da súa contorna.
Este servizo compleméntase co servizo de comedor, dividido en almorzo e xantar, que contribúe á promoción da saúde e á educación de habilidades sociais, ademáis de favorecer a conciliación familiar e laboral das familias mugardesas.
O espazo infantil de xogo desenvólvese nas instalacións autorizadas do CEIP Unión Mugardesa (45 prazas por quincena) e do CEIP Santiago Apóstolo Franza (30 prazas por quincena) durante os meses de xullo e agosto, e os usuarios poden optar pola asistencia en horario completo (de 8.00 a 14.00 horas) ou reducido (de 10.30 a 14.00 horas).