ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
INFORMACIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Rúa As Lagoas, 21
981 472 198
Horario de atención ao público de luns a venres, de 7.30 a 19.30 horas
Persoa de contacto: Ana Cobo
A Escola Infantil Municipal As Lagoas (EIM As Lagoas) inicia as súas actividades en xaneiro de 2006. Dispón dun total de 41 prazas repartidas en 3 Unidades: 0-1 anos (8 prazas), 1-2 anos (13 prazas) e 2-3 anos (20 prazas). As instalacións da EIM cumpren coas medidas establecidas polas inspeccións anuais de centros de infancia e sanitarias, e constan de tres aulas, un salón de usos múltiples-comedor, cociña, patio cuberto, horto, e parque infantil exterior.
O horario de atención aos nenos e nenas é ininterrompido de 07.30 horas a 19.30 horas, e dispón de servizo de cociña propio con comedor onde se prestan os servizos de almorzo, xantar e merenda.
As persoas interesadas na inscripción na EIM As Lagoas deberán rexistrar a solicitude debidamente cuberta e aportanto a documentación requerida (a información marcada cun asterísco é obrigatoria para todas as solicitudes):
- Fotocopia do Libro de familia*e/ou título de familia numerosa.
- Fotocopia do documento de identidade* dos pais/nais ou titores/as.
- Certificado de convivencia*expedido polo Concello.
- Xustificación de haberes*: declaración do IRPF ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada destes.
- Xutificante de ocupación ou desemprego*(última nómina, certificación de empresa ou certificado de desemprego).
- Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e/ou certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
- Ditame do equipo de orientación que motive a necesidade de integración.
- Informe dos Servizos Sociais da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar.
- Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.
A solicitude xunto coa documentación rexistrarase no Concello dentro do prazo aberto para a presentación de instancias, que este ano será do 1 ao 15 de marzo de 2021 para a reserva de praza de alumnos actuais e do 16 ao 31 de marzo 2021 para novos ingresos, e o curso dará inicio o 1 de setembro.
- Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
O funcionamento e os cobros derivados da prestación do servizo aos usuarios EIM AS Lagoas están regulados pola correspondente ordenanza fiscal e o regulamento de funcionamento interno que poden consultarse nas seguintes ligazóns: