Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O servizo de comedor escolar municipal é un servizo educativo, complementario, compensatorio e social, e resulta unha valiosa ferramenta de conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

O Concello de Mugardos conta con dous comedores escolares municipais, o primeiro deles no CEIP Unión Mugardesa (58 prazas autorizadas) e no curso 2017-2018 púxose en marcha o segundo no CEIP Santiago Apóstol de Franza (24 prazas autorizadas). Poden facer uso deste servizo os alumnos e alumnas de ámbolos dous centros.

Os menús elabóranse de acordo con criterios de alimentación sana e equilibrada do alumnado, que figuran na guía “Menús saudables no comedor escolar” editada pola Xunta de Galicia.

O horario do servizo de xantar extenderase dende as 14.00 horas ás 16.00 horas. De elixilo as familias, o alumnado pode saír ás 15.15h. Pola súa banda, o horario de entrada ao almorzo abrangue de 7,30 a 8,30 h. Por seguridade dos e das comensais, e agás os horarios das quendas de saída, as portas dos centros permanecerán pechadas durante o horario de comedor.

O prazo ordinario de solicitude é do 1 ao 10 de xullo tanto para reservas de praza como para novas solicitudes.

O servizo de xantar do comedor escolar municipal está cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación  e Universidade a través dun convenio bianual.

Continuarase informando a info@alimentacionsaludablegallega.net, ata as 10.00 h. para anular/solicitar o servizo de xantar e ata as 19.00 para o almorzo do día seguinte. O teléfono 630 363 844 empregarase únicamente para emerxencias.

A inscrición ao servizo de comedor ten carácter anual e se formaliza durante a primeira quincena do mes de xullo para o curso que da comezo no mes de setembro dese ano, sendo os requisitos de inscrición e a documentación a aportar os sinalados na propia solicitude. A inscrición deberase realizar por rexistro xeral ou sede electrónica.

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Unha vez realizada a solicitude realizarase a baremación da solicitude e da documentación aportada por parte da comisión, e farase pública a relación provisional, coa puntuación obtida de admitidos/as e excluídos/as, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web municipal e nos centros educativos públicos de Mugardos. Os/as solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións debidamente documentadas que estimen oportunas no prazo de 10 días naturais contados dende a data de publicación da relación provisional, e estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

 Segundo a ordenanza fiscal e o regulamento deste servizo, se unha familia desexa solicilar a bonificación ou redución do prezo dos menús deberá facer entrega da xustificación de ingresos familiares de tódolos membros maiores de 18 anos da unidade familiar de convivencia (declaración da renda ou outros documentos oficiais) así como do xustificante do pago de aluguer ou hipoteca no momento de realizar a inscrición no servizo.

Os prezos e as bonificacións correspondentes ao xantar e ao almorzo veñen establecidos polo disposto na ordenanza fiscal reguladora da taxa do servizo de comedor escolar, que pode consultarse no apartado seguinte (normativa reguladora).

A normativa municipal vixente que regula o cobro e funcionamento do comedor escolar son a ordenanza fiscal e o regulamento que poden consultarse e descargarse a continuación:

DESCARGAR PDF Regulamento do comedor escolar municipal

DESCARGAR PDF Anexos

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal n.º 25, reguladora da taxa pola prestación do servizo de comedor escolar

Back to top