Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

INFORMACIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Rúa As Lagoas, 21

981 472 198

Horario de atención ao público de luns a venres, de 7.30 a 19.30 horas

Persoa de contacto: Ana Cobo

ana.cobo@mugardos.gal

A Escola Infantil Municipal As Lagoas (EIM As Lagoas) inicia as súas actividades en xaneiro de 2006. Dispón dun total de 41 prazas repartidas en 3 Unidades: 0-1 anos (8 prazas), 1-2 anos (13 prazas) e 2-3 anos (20 prazas). As instalacións da EIM cumpren coas medidas establecidas polas inspeccións anuais de centros de infancia e sanitarias, e constan de tres aulas, un salón de usos múltiples-comedor, cociña, patio cuberto, horto, e parque infantil exterior.

O horario de atención aos nenos e nenas é ininterrompido de 07.30 horas a 19.30 horas, e dispón de servizo de cociña propio con comedor onde se prestan os servizos de almorzo, xantar e merenda.

As persoas interesadas na inscripción na EIM As Lagoas deberán rexistrar a solicitude debidamente cuberta e aportanto a documentación requerida (a información marcada cun asterísco é obrigatoria para todas as solicitudes):

  • Fotocopia do Libro de familia*e/ou título de familia numerosa.
  • Fotocopia do documento de identidade* dos pais/nais ou titores/as.
  • Certificado de convivencia*expedido polo Concello.
  • Xustificación de haberes*: declaración do IRPF ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada destes.
  • Xutificante de ocupación ou desemprego*(última nómina, certificación de empresa ou certificado de desemprego).
  • Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e/ou certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Ditame do equipo de orientación que motive a necesidade de integración.
  • Informe dos Servizos Sociais da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.

A solicitude xunto coa documentación rexistrarase no Concello dentro do prazo aberto para a presentación de instancias, que este ano será do 1 ao 15 de marzo de 2021 para a reserva de praza de alumnos actuais e do 16 ao 31 de marzo 2021 para novos ingresos, e o curso dará inicio o 1 de setembro.

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

O funcionamento e os cobros derivados da prestación do servizo aos usuarios EIM AS Lagoas están regulados pola correspondente ordenanza fiscal e o regulamento de funcionamento interno que poden consultarse nas seguintes ligazóns:

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos na EIM As Lagoas curso 2020-2021

DESCARGAR PDF Regulamento da EIM As Lagoas curso 2020-2021

Back to top