OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL – OMIX
INFORMACIÓN MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL – OMIX
Avenida de Galicia nº 45, 1º andar
981 470 290 (extensión: #2033)
Horario de atención ao público: de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas
Persoa de contacto: Mar Novoa
A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mugardos foi posta en marcha no ano 1995, e á fronte de dita oficina atopase unha informadora xuvenil, contando coa colaboración da animadora sociocultural e do técnico deportivo do concello para a elaboración e desenvolvemento de programas.
Dende a OMIX faise chegar puntualmente información a tódalas sociedades enmarcadas dentro do ámbito territorial do concello, así como á biblioteca municipal e aos centros educativos. Así mesmo, desde a posta en marcha desta oficina, expídese o Carné Xove Euro 26.
Esta oficina é o lugar axeitado para obter información sobre actividades, cursos, viaxes, convocatorias, mundo laboral e en xeral, calquera outra información que poidera ser de interés para a mocidade mugardesa, co obxectivo de coordinar toda a información de interese para a xuventude e facela chegar ó maior número de mozos e mozas:
- Posibilitar as canles adecuadas para a súa formación social, laboral, profesional, etc.
- Posibilitar as canles de información para as actividades de ocio e tempo libre.
- Recoller tódalas inquedanzas que moven á mocidade do concello e darlles resposta dende esta oficina.
INSTANCIAS
TRAMITACIÓN E REXISTRO
Para a realización de calquera consulta, tramitación e solicitude, pode entregar a solicitude na OMIX ou rexistrala vía sede electrónica:
- Oficina Municipal de Información Xuvenil: nas oficinas municipais
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):