O obxectivo central das axudas municipais ás asociacións dos centros de ensino sitos no Concello de Mugardos é fomentar os programas e/ou actividades realizadas polas ANPAS que complementen a programación e servizos municipais.
Durante o ano 2019, o concello abonou as seguintes subvencións nominativas:
- ANPA Colexio Loyola 1.800,00 €
- ANPA Catro Camiños 1.800,00 €
- ANPA O Pazo 1.800,00 €
- ANPA O Castro (IES) 2.000,00 €
A comisión de valoración propón a resolución provisional da concesión das subvencións municipais solicitadas ó abeiro da Convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2019 (BOP núm. 38/26.02.2020) mantendose en exposición pública no taboleiro de edictos e nesta mesma páxina web durante o prazo de cinco días hábiles.
Pode consultarse a proposta de resolución na seguinte ligazón:
DESCARGAR PDF Resolución provisional subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2019