O Concello de Mugardos realiza unha xestión directa dos servizos municipais de auga, lixo e sumidoiros tanto da prestación dos servizos como da recadación das taxas polos mesmos.
- SUBMINISTRO DE AUGA é actividade municipal realizada polo Concello con motivo da distribución de auga potable a domicilio e o enganche de liñas á rede. A cota tributaria polo enganche de liñas á rede esixirase unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 21,67 € por cada vivenda ou local comercial. E posteriormente abonarase un recibo trimestral segundo o consumo realizado.
- SERVIZO DE SUMIDORIOS consiste na actividade municipal, técnica e administrativa que tende a verificar as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipais, e a prestación do servizo de evacuación de augas a través da rede de sumidoiros municipais, e o seu tratamento para depuralas. A cota tributaria polo enganche á rede esixirase unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 22,21 € por cada vivenda ou local comercial. E posteriormente abonarase un recibo trimestral segundo o consumo realizado.
- Así mesmo, ao darse de alta no servizo de sumidoiros, o veciño e veciña será dado de alta no SERVIZO DE SANEAMENTO (servizo municipal de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal en alta da zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol). A taxa a abonar será unha parte fixa (cota de servizo) e unha parte variable (cota de consumo) segundo o consumo de auga.
- RECOLLIDA DE LIXO é o servizo de recollida e tratamento de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, locais ou establecementos. Non se abona ninguna cantidade inicial e, unha vez realizada a alta, abonarase unha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino do inmoble e da súa situación.
As persoas que desexen darse de alta ou baixa nestes servizos, deberán realizar a tramitación nas propias oficinas municipais.