Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

Avenida de Galicia nº 45, 1º andar

981 470 290 (extensión: #2026)

Horario de atención ao público: martes e xoves de 09.00 a 13.00 horas

Persoa de contacto: Cristina Otero

cristina.otero@mugardos.gal

O Punto de Información Catastral é unha oficina de prestación de servizos catastrais autorizado pola Dirección Xeral do Catastro e situado no concello, e onde os cidadáns poden acceder aos seguintes servizos:

  • Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica para as persoas titulares catastrais, dos datos protexidos, relativos aos bens inmobles da súa titularidade.
  • Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como persoa titular catastral, relativa á propia persoa solicitante.
  • Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.

Tratándose de datos catastrais protexidos, no Punto de Información Catastral so pode accederse a estes servizos á persoa que figure inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada polo titular.

Para actuar coma representante ou autorizado dun titular catastral, deberase aportar a seguinte documentación acreditativa:

  • Orixinal do documento acreditativo da representación ou da autorización, ou copia dos mesmos (previa exhibición dos orixinais).
  • Copia do DNI do autorizante acompañado do escrito de autorización.

Unha vez cumprimentado o formulario (e a instancia de autorización se fose necesario), e adxuntando como documentación requerida o DNI do solicitante (e do autorizado de existir), deberase entregar a solicitude no Punto de Información Catastral ou rexistrala vía sede electrónica:

  • Punto de Información Catastral: nas oficinas municipais
  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Cobrarase unha taxa de 6,18 euros pola expedición de certificacións catastrais a través do Punto de Información Catastral (PIC) por certificacións descriptivas e gráficas por unidade urbana ou parcela rústica.

Existe unha ordenanza municipal vixente que regula o pago pola emisión de certificacións catastrais, a ordenanza fiscal n.º 9, reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos:

DESCARGAR PDF Ordenanza municipal taxa pola expedición de documentos

Para saber como pode realizarse o pago das taxas municipais, pode ver toda a información na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Pago de recibos municipais

Back to top