Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

INFORMACIÓN DA OFICINA DE RECADACIÓN MUNICIPAL

Rúa Os Corzás nº 6

981 470 338 (extensión #2038)

Horario de atención ao público, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas

recadacion@mugardos.gal

Todas as taxas e impostos municipais son recadadas de xeito directo polo servizo de recadación municipal excepto as taxas polo uso do pavillón municipal, as da Escola Infantil Municipal “As Lagoas” e as taxas do Complexo Acuático do Castro.

Para realizar o pago dun imposto ou taxa municipal, os veciños e veciñas teñen diferentes vías:

No horario de atención ao público.

Neste caso deberá acudir á oficina de recadación co recibo e poderá realizar o pago en efectivo ou con tarxeta.

Neste caso deberá realizar unha solicitude prensencialmente na oficina de recadación ou vía correo electrónico, remitindo a información necesaria a recadacion@mugardos.gal. No correo deberá adxuntar copia do recibo que desexa pagar (escaneado ou fotografía).

No caso de non dispoñer do recibo ou non poder envialo, no correo deberá incluirse a seguinte información: titular, DNI do titular, domicilio, poboación, provincia, código postal, teléfono de contacto, correo electrónico de contacto e IBAN da conta na que desexa domiciliar o recibo.

As persoas que desexen pagar unha taxa autoliquidable poden facelo prensencialmente na oficina de recadación ou vía entidade financieira. No caso de facelo directamente poderán facelo presencialmete nunha oficina bancaria ou utilizando banca electrónica ou calquera outro mecanismo que permita realizar o pago desde o banco. Para realizar o ingreso, este deberá facerse no seguinte número de conta titularidade do concello, e incluindo a seguinte información no concepto da transacción:

  • Entidade: ABANCA
  • IBAN: ES95 2080 0205 7530 4001 1190
  • Concepto: DNI do titular + nome da taxa ou imposto que se abona (no caso de dispoñer de número de expediente, pode incluirse tamén)+ motivo polo que se abona.

Por exemplo, no caso de querer pagar a taxa dunha excursión para un fillo ou filla, o concepto sería:

  • 99.9999.999 X ( DNI do pagador por tratarse dun menor) + Taxa excursión Cerceda María García (taxa que se abona é pola excursión da nena María García)

Outro exemplo, no caso de querer pagar a taxa pola concesión dunha licencia de ocupación da vía pública:

  • 99.9999.999 X (DNI do solicitante) + Taxa pola ocupación da vía na Avenida de Galicia 45 (taxa que se abona e lugar para o que se solicita a licencia)

Máis exemplos, no caso de querer pagar un recibo de IBI:

  • 99.9999.999 X (DNI do titular da vivenda) + Pago IBI ano 2020 da vivenda da Avenida de Galicia 45 (imposto que se abono (IBI do ano 2020) e dirección da vivenda)

As persoas que desexen facer o pago ou domiciliación das taxas municipais derivadas dos servizos do Complexo Acuático do Castro, da escola infantil ou do pavillón municipal deberá poñerse en contacto coas oficinas correspondentes:

  • Escola Infantil Municipal “As Lagoas”:

Rúa As Lagoas, 21

981 472 198

eimaslagoas@hotmail.com

  • Complexo Acuático do Castro:

Rúa San Victorio s/n

981 460 765

aresmugardos@serviocio.es

  • Pavillón Municipal do Cristo:

Rúa O Cristo nº 13 (persoa de contacto: Manolo)

Back to top