Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

INFORMACIÓN DA OFICINA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL

Avenida de Galicia nº 15, baixo

677 477 558

Horario de atención ao público: mércores de 9.30 a 14.30 horas, e de 16.30 a 20.00 horas.

agvirosta@coag.es

Persoa de contacto: Alejandro García Virosta

A oficina de rehabilitación integral é unha oficina municipal desde onde se da difusión da información en materia de subvencións ou políticas relativas aos plans de vivenda estatais e autonómicos ou outras actuacións de carácter local, e os veciños e veciñas teñen á súa disposición o  asesoramento gratuito íntegral en todo o proceso. Desde esta oficina tamén se prestan os servizos de:

  • Asesoramento e redacción das ordenanzas e instrumentos que se propoñan desde os responsables locais en materia de rehabilitación e políticas de vivenda.
  • Asesoramento e redacción nas convocatorias periódicas ás subvencións destinadas á zona ARRU de Mugardos e O Seixo.
  • Asesoramento personalizado e visita aos inmobles situados na área delimitada ARI de Mugardos e O Seixo a cada un dos propietarios, residentes ou inquilinos que o soliciten co fin de actuar as actuacións ao recollido nas ordenanzas.
  • Redacción de memorias valoradas atendendo aos criterios recollidos na ordenanza de rehabilitación e nas distintas ordenes ou plans de vivenda, para todas as persoas que o soliciten e que se axusten aos criterios. (Entregaranse as copias necesarias para a presentación da devandita documentación nos rexistros municipais).
  • Asesoramento na redacción dos trámites administrativos e documentación necesaria para a presentación das propostas dentro das convocatorias municipais, a cada unha dos solicitantes que o demanden.
  • Redacción de informes xustificativos da idoneidade das propostas presentadas a cada convocatoria municipal.
  • Redacción de informes xustificativos atendendo á ordenanza municipal e os distintos plans de vivenda, para propoñer a cualificación provisional das distintas actuacións ao pleno municipal.
  • Seguimento administrativo dos devanditos expedientes na súa tramitación autonómica.
  • Asesoramento e seguimento das obras propostas durante o seu período de execución.
  • Certificados das obras terminadas e xustificación técnica, administrativa e económica de que se cumpren os criterios recollidos na cualificación provisional.
  • Proposta motivada de cualificación definitiva da as actuacións propostas.
  • Xustificación administrativa e asesoramento aos responsables municipais para optar ou renovar novos plans de vivenda ou cada unha das anualidades xa comprometidas, consistente na actualización dos estudos técnicos e socioeconómicos da zona do ARRU de Mugardos e O Seixo ou outros que se queiran propoñer para ampliar as actuacións.
  • Xustificación técnica, administrativa e económica das distintas anualidades do plan de vivenda vixente comprometido así como os futuros plans en relación ao que veñan solicitando a administración autonómica e estatal.
  • Redacción dos proxectos básicos e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde dos proxectos que se propoñan en viarios, prazas ou espazos públicos e que entren das distintas convocatorias e anualidades promovidas polo ARRU.

Toda a tramitación pode realizarse vía telemática se as persoas implicadas dispoñen de identificación dixital. Na seguinte ligazón pode accederse á ligazón onde dispoñer da información necesaria para a obtención de certificado dixital ou DNI electrónico (a oficina do ARI dispón de lector de DNI electrónico).

  • Fábrica Nacional de Moneda y Timbre – Solicitude de certificado electrónico

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Back to top