Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN DO ROCÓDROMO

Polideportivo municipal do Cristo, rúa O Cristo, s/n – 15620 – Mugardos

981 470 518

Horario de apertura de 16.00 a 22.30 horas .

Persoa de contacto: Manuel Polo

O rocódromo, ubicado no pavillón municipal do Cristo conta co case 50 m2 de superficie escalable, repartidos en placa vertical e esborralle e realizado con paneis Diamond. Trátase dunha instalación enfocada principalmente á escalada de iniciación e perfeccionamento (a zona inferior da instalación foi acondicionada para a práctica de búlder presentando un maior número de presas e colchóns).

Unhas instalacións preparadas para todos os niveis que dispón de dúas áreas diferenciadas, unha de cinco metros de ancho por 7,5 de alto, con varios niveis de complexidade e outra anexa máis sinxela de cinco por cinco metros. En total o rocódromo consta de 300 presas que poden ser empregadas para a práctica deportiva e os adestramentos profesionais en traballos verticais.

Para facer uso do rocódromo deberase cubrir anualmente o formulario de autorización de acceso, tendo en conta que o horario dispoñible é de luns a venres de 16.00 a 22.30 horas e os sábados de 11.00 a 13.00 horas (previo aviso ao persoal encargado da instalación), que permitirá o uso libre do rocódromo sempre e cando non exista unha actividade nas instalacións que poda interferir na práctica da escalada.

É requisito indispensable para facer uso das instalacións estar federado ou ter un seguro de accidentes que cubra a escalada en rocódromo. E no caso de ser menor de idade, deberán estar en presenza dun monitor ou adulto responsable.

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Solicitude de acceso ao rocódromo

TRAMITACIÓN E REXISTRO

O rocódromo é de acceso gratuíto para uso individual, e a nivel colectivo cóbrase a ordenanza de uso do pavillón se o número excede o máximo de usuarios (máis de 9 usuarios). Unha vez cuberta a solicitude, e adxuntada toda a documentación requerida (fotocopia do DNI, da tarxeta federativa ou do seguro privado, e autorización no caso de ser menor de idade), deberase entregar no departamento de deportes, ou rexistrala (no rexistro municipal ou a través da sede electrónica:

  • Oficina municipal da concellería de Deportes

  Avenida de Galicia 45, 1º andar

   981 470 290 (extensión: #2060)

  deportes@mugardos.gal

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

  Avenida de Galicia nº 45, baixo

  de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

  IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

NORMATIVA REGULADORA

O rocódromo ten a súa propia normativa de uso, aprobada polo Concello e que regula o funcionamento de dita instalación. Tamén é de aplicación a ordenanza do pavillón municipal dependendo du número de usuarios:

DESCARGAR PDF Normas de uso rocódromo

DESCARGAR PDF Ordenanza Polideportivo municipal do Cristo

Back to top