Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRÓXIMOS EVENTOS

INFORMACIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Rúa As Lagoas nº 21

981 470 290 (extensión: #2034)

Persoa de contacto: Eusebia Pérez

eusebia.perez@mugardos.gal

A Escola Municipal de Música está situada no edificio As Lagoas desde a súa apertura e dispón de cinco aulas (dúas aulas pequenas e tres aulas grandes) unha delas dotada de escenario para audicións.

Nos meses de outubro a maio presenta unha completa oferta formativa musicais, á que no curso 2019-2020 asistiron máis de 50 alumnos e alumnas. As propostas que se presentan desde a escola son: música e movemento para o alumnado de 4 e 5 anos, iniciación musical para alumnos de 6 anos e 7 anos, e linguaxe musical para alumnos a partir de 8 anos e adultos.

As clases de práctica instrumental que se imparten na escola son: violin, guitarra, piano, trompeta, saxo, percusión, folk, canto, combos

A Escola ten un claustro formado por 7 profesores, que imparten as súas materias colectivas os luns, mércores e venres de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados de 11.00 a 12.00 horas; e as individuais de luns a venres (excepto os martes) de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados de 9.00 a 14.00 horas.

Na seguinte ligazón poden consultarse os horarios das clases colectivas impartidas durante o curso 2019.2020

DESCARGAR PDF Horario das clases colectivas na Escola Municipal de Música curso 2019-2020

Unha vez aberto o prazo de inscrición, na segunda quincena de setembro, as persoas que desexen asistir a algunha das disciplinas ofertadas, poderán inscribirse. Para facelo, poden acudir ás oficinas do departamento de cultura municipal, ou cumprimentar a instancia tipo e rexistrar a solicitude no concello (presencial ou a través da sede electrónica):

  • Oficina do departamento de cultura.

Avenida de Galicia nº 45, soto (acceso polas escaleiras laterais)

Horario de atención ao público, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Logo de facer a inscrición, deberá abonarse a matrícula por importe de 15 euros (pode ver o importe da matrícula na ordenanza municipal dispoñible no apartado normativa municipal, artigo 5). O pago da matrícula pode facerse prensencialmente na oficina de recadación ou vía entidade financieira:

  • Presencialmente na oficina de recadación

Rúa Os Corzás nº 6

981 470 338 (extensión #2038)

Horario de atención ao público, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas

recadacion@mugardos.gal

  • Directamente desde unha entidade financieira (oficina bancaria, banca electrónica, etc): realizar o ingreso mediante transferencia no seguinte número de conta titularidade do Concello:
    • Entidade: ABANCA
    • IBAN: ES95 2080 0205 7530 4001 1190
    • Concepto da transferencia: DNI da persoa matriculada + nome/nomes da/s activiade/s na/s que se matricula.

Mensualmente, os inscritos deberán facer o pago da cuota. O cargo do recibo mensual domiciliado realizarase sempre despóis do día 15 de cada mes. O importe mensual a pagar pode consultarse na ordenanza municipal dispoñible no apartado normativa municipal, artigo 5.

Na seguinte ligazón pode acceder á paxina con toda a información sobre como realizar o pago dos recibos municipais e como domicilialos:

IR Á LIGAZÓN Pago de recibos municipais

O  Concello de Mugardos establece diversas bonificacións na matrícula e nas cuotas das actividades deportivas e culturais, coa finalidade de incentivar a participación de toda a veciñanza nas actividades. Para isto establécense as seguintes bonificacións:

  • 3 ou máis actividades por unidade familiar: 50% de bonificación na matrícula e 50% bonificación na actividade de menor importe.
  • Familia numerosa:  50% de bonificación na matrícula e  50% bonificación en cada unha das actividades.
  • Casos particulares segundos os criterios dos servizos sociais municipais: 100% de bonificación na matrícula e 100% de bonificación nas actividades.

Poden consultarse os criterios económicos e a súa valoración na ordenanza dispoñible no punto normativa reguladora nesta mesma páxina.

Back to top