Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de Cultura encárgase da xestión de todo o relacionado coa biblioteca municipal, as escolas culturais municipais, o centro de interpretación do Caldoval, a programación de eventos, exposicións, concursos culturais, etc. É especialmente relevante o establecemento de canles de comunicación co tecido asociativo municipal para a coordinación do traballo municipal.

No relativo á área de Turismo, as tarefas principais son a organización da festa do Polbo de Mugardos e a xestión da oficina de información turística. Novamente neste sentido é primordial o traballo conxunto e coordinado co tecido comercial e hostaleiro do Concello.

Os veciños e veciñas interesados en poñerse en contacto co departamento poden facelo:

Concelleira de Cultura e Turismo: Begoña Roldós Iglesias

Avenida de Galicia 45, 1º andar

981 470 290 (extensión #2049)

begona.roldos@mugardos.gal

Back to top