Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRÓXIMOS EVENTOS

Dentro das políticas sociais desenvoltas polo Concello, unha das prioritarias para polo fomento da autonomía persoal dos maiores e o seu benestar e calidade de vida, na procura dun envellecemento activo, saudable e seguro.

A Escola de Envellecemento Activo municipal  inclúe excursións, charlas, xuntanzas, e obradoiros para veciños e veciñas de máis de 55 anos. Estes obradoiros de maiores son actividades que procuran a prevención do deterioro mental e físico das persoas maiores, e promover a participación social en espazos de socialización.

Por parroquias, os obradoiros que se imparten durante o curso 2020-2021 son:

  • No Local Social de Maiores de Mugardos, impartiranse memoria e lectoescritura.
  • No Centro Cívico Municipal, ofrecerase teatro.
  • Na Casa da Cultura, as persoas interesadas poderán asistir ás clases de alfabetización dixital.
  • No edificio Francisco Vizoso de Franza, terán lugar as sesións de memoria e manexo de smartphone e as distintas aplicacións.
  • Na SRCD San Xoán de Piñeiro poderase asistir tamén ás clases de manexo de smartphone e as distintas aplicacións.
  • E na Escola Infantil do Seixo impartiranse memoria, comprensión oral e escrita, e manexo de smartphone e as distintas aplicacións.

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia de inscrición nos obradoiros de envellecemento activo (curso 2020-2021)

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez aberto o prazo de inscrición, que remata o 7 de outubro, as persoas que desexen asistir a algunha das actividades poderán inscribirse. Para facelo, cumprimentarase a instancia e esta deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Logo de facer a inscrición, que non require pago de matrícula, realizarase o cargo mensual do recibo de xeito automático por parte do Concello. Na seguinte ligazón pode acceder á paxina con toda a información sobre como realizar o pago dos recibos municipais e como domicilialos:

IR Á LIGAZÓN Pago de recibos municipais

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

O  Concello de Mugardos establece diversas bonificacións nas cuotas das actividades de envellecemento activo, coa finalidade de incentivar a participación de toda a veciñanza nas actividades. Para isto establécense as seguintes bonificacións:

  • 3 ou máis actividades por unidade familiar: 50% bonificación na actividade de menor importe.
  • Familia numerosa:  50% bonificación en cada unha das actividades.
  • Casos particulares segundos os criterios dos servizos sociais municipais: 100% de bonificación nas actividades.

Poden consultarse os criterios económicos e a súa valoración na ordenanza dispoñible no punto normativa reguladora nesta mesma páxina.

NORMATIVA REGULADORA

Existe unha ordenanza municipal vixente que regula os pagos que deben realizarse polas escolas de envellecemento activo segundo as actividades, neste caso concreto os obradoiros de maiores:

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal n.º 14, reguladora da taxa pola prestación de servizos, deportivos, culturais e lecer

Back to top