Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas. As persoas usuarias poderán optar polo pagamento en efectivo (billete sinxelo) ou polo pagamento mediante a tarxeta metropolitana, que lle ofrecerá maiores descontos.

Desde o Concello de Mugardos establécense as condicións que rexerán as axudas ao transporte colectivo, destinadas a promover e facilitar a mobilidade e o desprazamento e a intercomunicación a través dos medios de transporte públicos dos seguintes colectivos: persoas en situación de risco social ou estudantes.

Desde o 1 de novembro de 2015, a contía das axudas municipais concedidas son:

  • Persoas en situación de risco social e/ou dificultade socioeconómica: 100% do importe da viaxe, máximo de 10 viaxes mensuais.
  • Estudantes: 25% importe da viaxe, máximo 41 viaxes mensuais.

As solicitudes realizaranse a instancia de parte, conforme ao modelo establecido no anexo I xunto coa documentación xeral sinalada na solicitude, así como a documentación específica segundo o colectivo solicitante:

a. Persoas en situación de risco social e/ou dificultade socioeconómica:

  • Informe dos servizos sociais comunitarios que acredite as razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal e/ou económica. A tal efecto, os servizos sociais municipais requirirán a documentación xustificativa necesaria para a elaboración do informe técnico documentado que xustifique a valoración da súa concesión ou denegación.

b. Estudantes.

  • Fotocopia do DNI do solicitante (ou pai, nai ou titor/a) e do libro de familia no que figuren tódolos membros da unidade familiar.
  • Informe de convivencia (expedirase de oficio por parte do concello).
  • Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercizo dos proxenitores ou titores/as legais e dos integrantes da unidade familiar maiores de 18 anos. No caso de non estar obrigado/a a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda.
  • Certificado da matrícula ou informe expedido polo centro educativo que acredite a condición de alumno/a.
  • Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ninguha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Mugardos para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso.
  • O concello poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada, e calquera outra necesaria para a valoración da solicitude. As unidades familiares que teñan entregado documentación do departamento de servizos sociais para calquera xestión, que conste no seu expediente e que sexa válida poderán quedar eximidas da presentación desta documentación unha vez sexa revisada polo persoal do departamento.

As solicitudes rexistraranse no Concello, xunto con toda a documentación requerida, no rexistro municipal ben físicamente ou ben a través da sede electrónica municipal:

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Existe un regulamento municipal aprobado para a xestión e tramitación das axudas ao transporte colectivo. Pode consultarse toda a información relativa ao transporte metropolitano:

DESCARGAR PDF Regulamento do transporte metropolitano social do Concello de Mugardos

IR Á LIGAZÓN Web oficial do transporte metropolitano

IR Á LIGAZÓN Información sobre a tarxeta metropolitana

IR Á LIGAZÓN Información sobre tarifas zona Ferrol

Back to top