ESPAZO INFANTIL DE XOGO – LUDOTECA
O Espazo Infantil de Xogo (EIX) é un servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-12 anos durante os períodos de vacacións escolares, con contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade, a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Realízanse tamén saídas e excursións para que os/as rapaces/as coñezan mais da súa contorna.
Este servizo compleméntase co servizo de comedor, dividido en almorzo e xantar, que contribúe á promoción da saúde e á educación de habilidades sociais, ademáis de favorecer a conciliación familiar e laboral das familias mugardesas.
O espazo infantil de xogo desenvólvese nas instalacións autorizadas do CEIP Unión Mugardesa (45 prazas por quincena) e do CEIP Santiago Apóstolo Franza (30 prazas por quincena) durante os meses de xullo e agosto, e os usuarios poden optar pola asistencia en horario completo (de 8.00 a 14.00 horas) ou reducido (de 10.30 a 14.00 horas).
DESCARGAR PDF Anexo I Instancia de solicitude de praza no espazo infantil de xogo 2019
DESCARGAR PDF Anexo II Cuestionario de saúde do espazo infantil de xogo 2019
DESCARGAR PDF Anexo III Autorizacións do espazo infantil de xogo 2019
DESCARGAR PDF Anexo IV Documento de domiciliación bancaria do espazo infantil de xogo 2019
Unha vez aberto o prazo de inscrición (xeralmente durante o mes de maio), os interesados deberán rexistrar a solicitude no concello acompañada do cuestionario de saúde, as autorizacións e o documento de domiciliación bancaria, así como a documentación que se indica na instancia de solicitude.
Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
Elaborarase unha lista provisional de persoas admitidas co período concedido e coas puntuacións obtidas, e concederase un prazo de 5 días hábiles para a presentación de reclamacións. Posteriormente, publicarase a listaxe definitiva.
Para acceder a este servizo non hai que abonar matrícula, e os prezos e as bonificacións son as que veñen recollidas no artigo 5 da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación, dispoñible no apartado seguinte.
A normativa municipal vixente na actualidade ao respecto do espazo infantil de xogo son as bases xerais de funcionamento e acceso ao espazo infantil de xogo que se aproban anualmente e a ordenanza fiscal nº 28, reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral vixente no concello desde 2015:
DESCARGAR PDF Bases xerais de funcionamento e acceso ao espazo infantil de xogo