AXUDAS ECONÓMICAS MUNICIPAIS
As prestacións económicas municipais prestadas aos veciños e veciñas de Mugardos constitúen un recurso para situacións coxunturais de necesidade, e por tanto, non garanten de manera permanente a cobertura das necesidadees relacionadas coa carencia de medios para a subsistencia.
Son prestacións económicas de carácter extraordinario, transitorio e non habitual, destinadas a apoiar a persoas e familias con escasos recursos económicos que poidan verse afectadas por graves problemas de convivencia, situacións de emerxencia social e/ou encontrarse en situación de risco ou exclusión social.
Establécense catro tipos de prestacións económicas:
1. Prestacións económicas de apoio á convivencia e autonomía personal. Dirixidas á prevención de situacións de crise producidas por unha necesidade coxuntural provocada por carencias de recursos económicos que dificultan a normal convivencia e desenvolvemento persoal e familiar. As contías desta prestación, en ningún caso poderán ser superiores a 1.000 euros anuais en cada un dos conceptos.
- Conceptos
1. Impagos de aluguer que poidan desestabilizar a situación socioeconómica familiar.
2. Acondicionamento da vivenda, pequenas reformas do fogar. Inclúese neste apartado enseres domésticos, electrodomésticos básicos, reparacións na vivenda.
3. Situacións conxunturais que provoquen dificultades para a cobertura de necesidades básicas.
2. Prestacións económicas para a inserción social de persoas e familias en proceso de exclusión ou en situación de exclusión social. Estas prestacións formarán parte dun plan de intervención individualizado, a modo de itinerario de inserción. Os plans irán dirixidos a rehabilitar habilidades e competencias, de cara a lograr a autonomía personal, así como a facilitar a inclusión nos distintos sistemas sociais (emprego, saúde, vivenda, educación…). En ningún caso a contía desta prestación poderá ser superior a 2.600 euros/ano.
- Conceptos
Nos plans estableceranse as finalidades e conceptos concretos ás que se destinará a prestación económica, sendo ratificada mediante sinatura polo/a titular da familia no compromiso de colaboración.
3. Prestacións para atender situacións de emerxencia social ocasionadas pola perda sobrevida da vivenda, imposibilidade de continuar no fogar e/ou situacións de desamparo persoal. Estas prestacións irán destinadas a atender as seguintes situacións: desaloxos domiciliarios motivados pola declaración de ruina inminente do inmoble, orde xudicial por desafiuzamentos, impagos do aluguer, perda ou grave dano do fogar debido a desastres naturais ou incendio do domicilio ou situacións de desamparo personal.
- Conceptos:
a) Novo aluguer: ata 1 mes do importe do aluguer, non se pode superar os 300 euros anuais.
b) Gastos de hospedaxe: ata 15 días de aloxamento nun establecemento hotelero, non se pode superar os 300 euros anuais.
c) Reparación da vivenda habitual: dirixida a proporcionar niveis mínimos de habitabilidade, non se pode superar 1.500 euros anuais.
d) Adquisición de mobiliario básico e enseres personais para a vivenda habitual e os seus residentes, non se pode superar 1.000 euros anuais.
e) Calquera outra situación especial de emerxencia, previa xustificación polo/a traballador/a social.
4. As axudas económicas familiares son prestacións económicas temporais con carácter preventivo que se conceden a familias, para a atención e coidado dos/as menores ao seu cargo, ante situacións de carencia ou déficit de recursos económicos. A cotía e periodicidade da prestación determinarase pola comisión de valoración.
- Conceptos
As axudas irán destinadas a cubrir as necesidades básicas do/a menor, implicando un traballo de apoio familiar complementario.
O acceso a estas prestacións será mediante a presentación dunha solicitude e estará suxeito á valoración e diagnóstico por parte dos/as traballadores/as sociais de Servizos Sociais comunitarios. Os requisitos xerais para a solicitude destas axudas son:
1. Ter a maioría de idade ou estar emancipado/a legalmente.
2. Estar empadroado/a e residir no Concello de Mugardos, cunha antigüedade mínima de 6 meses, agás que a prescripción técnica valore a necesidade da axuda sin ter en conta o dito período.
3. Non posuír máis propiedades que a da vivenda que habitan, agás que a valoración dos/as profesionais o fundamenten.
4. Non estar pendente de xustificar documentalmente as prestacións concedidas con anterioridade.
5. Non ser propietario/a de cantidades económicas que se considere que poidan solventar a situación de necesidade manifestada.
6. Terán que solicitar as prestacións ás que poidan ter dereito por outra administración pública.
7. Acreditar documentalmente a necesidade da prestación (situación económica, laboral, social, etc).
Deberase rexistrar a solicitude xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos xerais e os específicos da axuda ou axudas solicitadas (que poden consultarse no regulamento dispoñible no apartado de normativa).
- Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á sede electrónica do Concello de Mugardos
Na seguinte ligazón pode acceder á video guía para realizar unha solicitude a través da sede electrónica:
Video guía para rexistrar unha instancia tipo con documentación adicional
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
Unha vez realizada a solicitude, a persoa solicitante poderá ser chamada polos servizos sociais municipais para a diagnose e valoración da solicitude realizada. Os/as profesionais deberán facer a valoración da solicitude e da documentación aportada no prazo máximo dun mes.
Existe unha ordenanza municipal vixente que regula as prestacións económicas dos servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos:
DESCARGAR PDF Regulamento das prestacións económicas municipais