SOLICITUDE DE PRÓRROGA DE LICENZA DE OBRAS
O procedemento administrativo da prórroga de licenza de obras regula solicitude e concesión dunha prórroga para iniciar ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza xa concedida con anterioridade.
INSTANCIA
DESCARGAR PDF Instancia solicitude de prórroga de licenza de obras
TRAMITACIÓN E REXISTRO
Unha vez cumplimentada a instancia e adxuntada a documentación necesaria para a presentación, a solicitude deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:
- Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Unha vez presentada, e no caso de encontrarse a documentación completa, a persoa solicitante deberá esperar a concesión da licenza por parte do órgano municipal.
NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA
Existe unha ordenanza municipal vixente que regula o pago pola concesión de prórrogas das licenzas de obras, a ordenanza fiscal n.º 9, reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos:
DESCARGAR PDF Ordenanza municipal taxa pola expedición de documentos
Na seguinte ligazón ao apartado de instancias e solicitudes da web están dispoñibles todas as instancias do departamento de urbanismo