INSCRICIÓNS EN ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
O Concello anualmente pon a disposición da veciñanza de todas as idades unha diversa oferta de actividades formativas culturais, dentro da programación das escolas culturais municipais, organizadas pola Concellería de Cultura. Esta proposta pretende promover a formación e a creación cultural entre a veciñanza, coa impartición de materias diversas e adaptadas ás demandas dos usuarios e usuarias:
- Pintura (2h/semana)
- Pintura (4h/semana)
- Aula informática
Na seguinte ligazón poden consultarse as actividades culturais ofertadas, coa idade a idade mínima requerida para a inscrición, os horarios e o lugar de impartición:
DESCARGAR PDF Información sobre as escolas culturais 2020-20201
Na seguinte ligazón pode descargarse o folleto completo das escolas deportivas e culturais municipais 2020-2021:
DESCARGAR PDF Folleto escolas culturais municipais 2020-2021 (pendente)
Unha vez aberto o prazo de inscrición, que vai do 16 de setembro ao 10 de outubro, as persoas que desexen asistir a algunha das actividades poderán inscribirse tamén antes do día 1o de cada mes desde o inicio do curso. Para facelo, cumprimentarase a instancia e esta deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:
- Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, 1º andar
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
Logo de facer a inscrición deberá abonarse a matrícula da cada unha das actividades nas que a persoa interesada se teña inscrito. Todas as actividades teñan unha taxa de matrícula anual de 15 euros. O pago da matricula pode facerse prensencialmente na oficina de recadación ou vía entidade financieira:
- Presencialmente na oficina de recadación
Rúa Os Corzás nº 6
981 470 338 (extensión #2038)
Horario de atención ao público, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas
- Directamente desde unha entidade financieira (oficina bancaria, banca electrónica, etc): realizar o ingreso mediante transferencia no seguinte número de conta titularidade do Concello:
- Entidade: ABANCA
- IBAN: ES95 2080 0205 7530 4001 1190
- Concepto da transferencia: DNI da persoa matriculada + nome/nomes da/s activiade/s na/s que se matricula.
Mensualmente, os inscritos deberán facer o pago da cuota. O cargo do recibo mensual domiciliado realizarase sempre depóis do día 15 de cada mes. Na seguinte ligazón pode acceder á paxina con toda a información sobre como realizar o pago dos recibos municipais e como domicilialos:
O Concello de Mugardos establece diversas bonificacións na matrícula e nas cuotas das actividades culturais, coa finalidade de incentivar a participación de toda a veciñanza nas actividades. Para isto establécense as seguintes bonificacións:
- 3 ou máis actividades por unidade familiar: 50% de bonificación na matrícula e 50% bonificación na actividade de menor importe.
- Familia numerosa: 50% de bonificación na matrícula e 50% bonificación en cada unha das actividades.
- Casos particulares segundos os criterios dos servizos sociais municipais: 100% de bonificación na matrícula e 100% de bonificación nas actividades.
Poden consultarse os criterios económicos e a súa valoración na ordenanza dispoñible no punto normativa reguladora nesta mesma páxina.
Existe unha ordenanza municipal vixente que regula os pagos que deben realizarse polas escolas culturais municipais segundo as actividades: