Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRÓXIMOS EVENTOS

Se un veciño ou veciña require a ocupación da vía pública con colectores, andamios ou calquera outra instalación pola realización dunha obra deberá realizar unha solicitude correspondente e por tanto a liquidación a taxa:

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia de solicitude de ocupación da vía pública

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez cumplimentada a instancia e adxuntada toda a documentación necesaria para a súa presentación así como realizado o pago da taxa correspondente, a solicitude deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Unha vez presentada, e no caso de encontrarse a documentación completa, a persoa solicitante deberá esperar á concesión da autorización por parte do órgano municipal correspondente antes de facer a ocupación do espazo.

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

Este procedemento ten como obxecto regular as ocupacións temporais da vía pública con contedores, protección de obras ou calquera outro obxecto con ocasión da realización dunha obra ou traballo. Existe unha ordenanza municipal vixente reguladora do pago da taxa pola ocupación da vía:

DESCARGAR PDF Ordenanza municipal de utilización ou aproveitamento do dominio público

Na seguinte ligazón ao apartado de instancias e solicitudes da web están dispoñibles todas as instancias do departamento de urbanismo

IR Á LIGAZÓN Instancias e solicitudes municipais

Back to top