Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

STOP VESPA VELUTINA

A velutina é unha especie invasora perigosa para o medioambiente e que conleva un risco importante para as persoas.

Participa trampeando e evitases o risco que conleva ter un niño preto da túa casa. Só colocando un par de trampas no teu horto ou xardín evitases os niños ata un radio de 150 metros ao redor das trampas.
Está demostrado que un bo trampeo reduce ata un 75 por cento o número de niños na zona.

As velutinas comezan a saír do seu letargo invernal e senón trampeamos en gran escala teremos centenares de niños en cada concello e o consecuente incremento de risco para as persoas.
As velutinas carecen de inimigos naturais e xeran centenares de nais por niño.
O risco que xera a Vespa velutina negritorax é moi superior á das autóctonas. Non fai falta achegarse ao niño para alteralas, poden reaccionar violentamente co ruído ou a vibración (niños soterrados) e son máis agresivas na proximidade dos seus niños, ataca en maior número por ser niños maiores e con maior poboación. No ataque son máis insistentes e polo seu gran tamaño inxectan maior cantidade de veleno.

A captura de raíñas ha de efectuarse desde o inicio de marzo ata finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario. Ou ben de setembro a decembro (do nacemento de novas raíñas á súa hibernación).

Back to top