Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

IX TORNEO CONCELLO DE MUGARDOS DE FÚTBOL 8

Mañá comeza en A Pedreira unha nova edición do Torneo de Fútbol 8 organizado polo club Galicia de Mugardos, en colaboración co Concello.

Participarán deportistas de tres categorías diferentes: prebenjamín (xoves 28), benjamín (venres 29) e alevín (sábado 30).
As tres competicións comezarán coas súas fases iniciais ás 10h e disputaranse ininterrompidamente ata a súa finalización as 20.00h.

Un labor do Galicia de Mugardos e do propio Concello na súa aposta para fomentar o fútbol basee, apoiando a participación dos pequenos nunha xornada que ademais dos propios valores deportivos, supón unha gran xornada de convivencia e de coñecemento de participantes doutras localidades.

Anexamos os cadros de competición das tres categorías e unha imaxe da zona restrinxida ao tráfico e dos aparcamentos disuasorios:

 

Back to top