REORGANIZACIÓN DOS HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO DEPARTAMENTO DE URBANISMO
O alcalde e concelleiro de urbanismo Juan Domingo de Deus informou hoxe dos novos horarios de atención presencial ao público dos servizos técnicos do departamento, que serán martes, mércores e xoves de 11.00 a 13.00 horas.
Durante ese horario, as citas asignaranse de tal xeito que de 11.00 a 12.00 horas atenderanse as solicitudes de comunicación previa de obras, e de 12.00 a 13.00 horas sinalaranse citas de atención ao público en xeral.
Para persoas que non poidan desplazarse ás oficinas municipais, fíxase tamén un horario de atención telefónica de luns a venres de 10.00 a 11.00 horas.
Juan Domingo de Deus quixo destacar que “o obxectivo de habilitar tres días á semana de atención presencial é o de axilizar trámites de comunicacións previas de obras por se puidesen darse de forma inmediata, obviamente sempre que cumpran a condición de que non necesiten informe doutras administracións por ter algunha afectación sectorial (augas, estradas…etc)”.
“Con esta medida esperamos darlle un novo impulso á xestión administrativa dos expedientes, xa que somos conscientes das queixas da veciñanza que demandan desde fai anos unha xestión máis rápida das súas solicitudes urbanísticas” rematou de Deus.