PROGRAMA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO PEL – DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:
- AFDP0209 Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
- AFDP0109 Socorrismo en instalacións acuáticas: 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación teórico – práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións , só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello.
O prazo de inscrición será ata o próximo venres 5 de febreiro ás 14.00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas por mail por cada concello antes das 14.00 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).
Na seguinte ligazón pode consultarse información ao respecto desta formación:
IR Á LIGAZÓN Información sobre o programa de Salvamento e Socorrismo Acuático