Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

O obxectivo deste rexistro é:

  • Recoñecer ás entidades inscritas e garantirlles o exercizo dos dereitos recoñecidos no regulamento de participación cidadá e na lexislación vixente.
  • Permitir ao concello coñecer en todo momento os datos máis importantes da sociedade civil do municipio, a representatividade e o seu grao de interese ou utilidade cidadá.

Poden obter a inscripción no rexistro municipal de entidades cidadás, todas aquelas cuio obxecto sexa a defensa, fomento ou mellora dos intereses xerais ou sectoriais dos/as veciños/as do municipio e, en particular, as asociacións de veciños/as dun barrio ou parroquia, as de pais e nais de alumnos/as, as entidades culturais, deportivas, recreativas, xuvenís, da muller, de caracter social e calesquera outras similares, legalmente constituídas e teñan en Mugardos a súa sede social e ademais desenvolvan as súas actividades no termo municipal, exceptuando aquelas que aínda tendo a sede social noutro municipio, se considere que fan unha labor de interese social importante para o municipio de Mugardos.

INSTANCIAS

DESCARGAR PDF Solicitude inscrición rexistro municipal de entidades cidadás (instancia tipo)

TRAMITACIÓN E REXISTRO

A documentación a presentar no rexistro para tramitar a inscrición é:

  • Instancia dirixida ó alcalde ou alcaldesa solicitando a inscrición.
  • Estatutos da entidade, aprobados polo órgano competente.
  • Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos.
  • Acta de constitución ou acta da asemblea xeral de socios/as que acredite a personalidade dos membros da xunta directiva co enderezo e teléfonos de contacto das persoas que ocupan os cargos.
  • Certificado do/a secretario/a da entidade indicando o domicilio social daquela.
  • Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
  • Certificación do/a secretario/a indicando o número de socios/as inscritos/as no momento da solicitude.
  • Programa anual de actividades.
  • Orzamento anual da entidade.

Toda esta documentación deberase entregar no rexistro xeral municipal, o que dará inicio á tramitación:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Dirección: Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

No prazo de 15 días dende a solicitude de inscrición, salvo que esta se tivese que interromper pola necesidade de emendar deficiencias na documentación, o alcalde decretará a inscrición da entidade no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e notificaráselles esta resolución aos interesados.

NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

A normativa municipal que regula o Rexistro municipal de entidades cidadás é o regulamento de participación cidadá (título IV – capítulo II)

DESCARGAR PDF Regulamento de participación cidadá

Back to top