Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Mugardos pon en marcha unha nova vía de comunicación cos veciños e veciñas, “Mugardos en Liña”, una ferramenta áxil, rápida e sen custo para recibir información sobre novas, axenda e servizos públicos a través da aplicación WhatsApp.

ALTA E BAIXA NO SERVIZO

Para darse de alta os interesados deberán seguir estes pasos:

  1. Gardar na súa lista de contactos o número 638 167 088 co nome “Mugardos en Liña”.
  2. Enviar un whatsapp ao contacto “Mugardos en Liña” co texto “Alta información Concello de Mugardos”.

Enviaráselle entón ao usuario unha mensaxe confirmando a súa alta, e a partir dese momento comezará a recibir información sobre novas, actividades, programación cultural e outra información municipal.

Para darse de baixa o usuario deberá enviar un whatsapp ao contacto “Mugardos en Liña” co texto “Baixa Información Mugardos en Liña”. Dende ese momento, o usuario deixará de recibir información.

DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

A información aos usuarios enviarase de luns a domingo, de 10.00 a 20.00 horas. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.

A información non se comunica mediante a creación dun ou varios grupos de contactos, polo tanto, aqueles que se deran de alta no servizo non coñecerán nin verán a través das comunicacións recibidas información sobre o resto dos usuarios do servizo.

A difusión da información aos usuarios deste servizo faise baixo a titularidade do Concello de Mugardos, que é o propietario do servizo. A través desta canle únicamente se recibirán mensaxes emitidas por parte do Concello.

NORMAS DE USO

Puntualmente, o Concello poderá remitir algunha mensaxe para solicitar a opinión dos usuarios sobre o servizo coa finalidade de melloralo.

O envío de mensaxes inadecuadas ou reiteradas ao contacto do concello por parte dalgún usuario suporá a súa baixa automática por parte do administrador do servizo.

O usuario compremétese a notificar calquera variación nos datos facilitados, en especial no caso de cambio de número de teléfono móbil, que afecte á recepción das comunicación electrónicas solicitadas.

O envío da mensaxe de alta ao móbil do concello supón a aceptación das condicións e normas de uso do servizo e de WhatsApp (pode consultar as normas de uso de WhatsApp na seguinte ligazón):

IR Á LIGAZON Información de uso de WhatsApp

Se estás a ver esta páxina co móbil e queres activar o servizo poñemos á túa disposición a seguinte ligazón:

Back to top