OBRADOIRO ESPECIAL DE NADAL NO MUSEO DE O CALDOVAL
Con motivo da celebración do Nadal, o venres día 23 de decembro o Centro de Interpretación de Caldoval oferta un novo obradoiro especial que consistirá na creación duns ornamentos navideños personalizados para decorar a árbore de cada familia baseados na réplica, sempre con materiais reciclados, dun casco de centurión romano con penachos de crin de cabalo e dunha coroa de laurel ou tamén chamada coroa triunfal.
Trátase dunha actividade para realizar en familia. Cada participante disporá do seu material para súa realización e será libre de diseñar os seus agasallos.
O obradoiro levarase a cabo no mesmo Centro o venres 23 de decembro en horario de mañá ás 11:30 h e de tarde ás 17:30 h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán inscribirse por medio deste correo electrónico: info@museocaldoval.gal ou chamar ao teléfono 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nen@s participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.