Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS INICIA A RENOVACIÓN DAS SÚAS CANLES DE COMUNICACIÓN COA VECIÑANZA

O goberno municipal de Mugardos vén de iniciar a renovación dos espazos de información dixital cos veciños e veciñas co obxectivo de facer chegar máis e mellor información.

Desde a concellería de participación decidiuse poner temporalmente unha web sinxela para o cumprimento das obrigas de publicidade sinaladas na normativa, e nas próximas semanas esta ferramenta temporal será sustituida pola nova páxina web municipal.

Unha web totalmente renovada, con información actualizada e desde a que a veciñanza terá acceso directo á actualidade municipal, así como á realización de tramitacións sinxelas que eviten ter que desprazarse ás oficinas municipais.

Esta renovación da páxina oficial do Concello acompañarase tamén da posta en marcha dun servizo de comunicación nas próximas semanas que complementará á web municipal, e de importantes novidades en canto á imaxe corporativa do Concello.

“A nova web e o servizo de comunicación mellorará o traslado de información aos veciños e veciñas, que é o principal obxectivo deste goberno. Para que os veciños poidan participar da vida municipal teñen que estar informados do que acontece” sinalou Miguel Mahia, concellerio de participación.

Back to top