Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INTENSIFÍCANSE OS CONTROIS POLA POLICÍA LOCAL E A GARDA CIVIL EN MUGARDOS PARA EVITAR SAÍDAS INNECESARIAS

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado puxéronse está mañá en contacto co Concello de Mugardos para informar da intensificación dos controis unha vez que teñen sido identificadas numerosas persoas incumprindo de xeito reiterado as ordes vixentes desde a declaración do estado de alarma no referente ás saídas permitidas dos domicilios, qué so poden facerse de manera xustificada e o menor tempo posible. As multas poden ir desde 100 euros por infraccións leves ata 30.000 euros por desobediencia.

O Alcalde Juan Domingo de Deus lembra á veciñanza que “todos debemos ser responsables. Pola nosa seguridade e a das persoas que nos rodean, non pode abusarse das causas xustificadas para saír da casa. Persoas que acuden tres veces cada día ao supermercado ou botan as luvas ao chan cando abandonan os establecementos de alimentación non están actuando de xeito responsable e estanse expoñendo ao contaxio do coronavirus”.

Desde a Concellería de Servizos informouse tamén de que están a instalarse contedores especiais para luvas nos accesos aos establecementos de alimentación. “Implementaremos todas as medidas que estean dentro das nosas competencias co obxectivo de previr os contaxios” afirmou Jorge Kuntz responsable do departamento.

Back to top