Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS ADOPTA MEDIDAS FISCAIS PARA PALIAR OS EFECTOS DO CORONAVIRUS

A Concellería de Facenda vén de informar da adopción das medidas fiscais acordada polo goberno municipal para axudar ás familias mugardesas a facer fronte crise do coronavirus tamén no ámbito económico.

A medida xeral é a de dilatar os prazos para pagar os recibos municipais co obxectivo de que aquelas familias que non poidan asumir os pagos nos primeiros meses o fagan máis avanzado o ano e cando segundo todas as previsións, a situación económica sexa máis favorable e a reactivación da economía mellore as economías domésticas.

O Concelleiro de Facenda Miguel Mahia confirmou que “estas son as primeiras dun paquete de medidas fiscais que o goberno irá poñendo en marcha para axudar ás familias mugardesas. Na medida das nosas posibilidades evitaremos unir á crise do COVID unha crise das economías das nosas familias”.

As principais medidas adoptadas son as seguintes:

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (Rodaxe): o inicio do período voluntario de pago pospónse ata despois do 31 de maio de 2020. Establécese como período voluntario de pago do 01 de xuño de 2020 ata o 31 de xullo de 2020.Con respecto ao sistema especial de pago establecido para o IVTM, o abono da primeira fracción do 50% da cota líquida do recibo de IVTM aboado por domiciliación bancaria será o 5 de xuño ou inmediato hábil posterior, e a segunda fracción, o 5 de setembro, ou inmediato hábil posterior.

Taxa polo servizo de recollida de lixo, polo servizo de subministro de auga,polo servizo de sumidoiros,e polo servizo de saneamento: ampliar o período voluntario de pago correspondente ao cuarto trimestre de 2019, ata o 30 de xuño de 2020.

Taxa pola recollida de lixo, polo servizo de subministro de auga, polo servizo de sumidoiros,e polo servizo de saneamento: que o inicio do período voluntario de pago correspondente ao primeiro trimestre de 2020 pospónse ata despois do 31 de maio de 2020. Establecese como período voluntario de pago do 01 de xuño de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

• Ata o 30 de abril de 2020 non se ditarán providencias de apremio ni se practicarán embargos.

Pode consultarse o texto íntegro da resolución ditada polo Concelleiro Delegado de Facenda, Persoal e Participación Cidadá, Miguel Mahía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Medidas extraordinarias en relación cos procedementos tramitados pola área tributaria

Back to top