Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INTENSIFICA OS TRABALLOS DE PREVENCIÓN DE CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

O goberno municipal segue traballando na loita contra o coronavirus, nesta ocasión ampliando as tarefas de control do cumprimento das normas de confinamiento, así como nos traballos de desinfección dos espazos públicos, ámbolos dous dispositivos coordinados desde a Concellería de Servizos.

En canto ao cumprimento do confinamento, Jorge Kuntz concelleiro de servizos anunciou hoxe que xa está en marcha un novo dispositivo do tercio de infantería de marina que duplicará os efectivos desplegados para patrullar Mugardos, como reforzo do traballo que tamén está a realizar a Policía Local.

“É importante que a xente cumpra as normas ditadas ao respecto do confinamento, e aínda que a maioría da poboación está a respectalas e sae á rúa o imprescindible, seguimos a detectar persoas que non o fan, e mentras esto suceda seguiremos patrullando Mugardos. É a nosa obriga protexer á poboación” afirmou o concelleiro.

Por outra banda, os traballadores do GES de Mugardos incorpóranse ás tarefas de desinfección nas rúas que realizarán con sulfatadora, para a mellora de acceso a todos os puntos, un dos aspectos más complexos que estaba a presentar o traballo feito ata o momento co atomizador. Estas tarefas realizaranse polos traballadores do GES principalmente polas tardes, e estarán suxeitas ás condicións de traballo do propio servizo.

“No caso dos GES non fará falta avisar á poboación do seu paso como facíamos co atomizador, posto que a potencia de lanzamento dos líquidos que ten o atomizador non é comparable ao da sulfatadora, a xente pode estar totalmente tranquila. A seguridade da poboación está garantizada” continuou o responsable da concellería de servizos.

O obxectivo é continuar co traballo de desinfección logo de terse suspendidas as labores do atomizador ata que remate a tempada de vendimia. A maquinaria fora cedida temporalmente por unha bodega vitivinícola.

“Estamos moi agradecidos por ter contado durante estas semanas co atomizador, traballouse moito e moi ben con el. Agora entramos nunha nova fase nestes traballos, coa incorporación dos GES” rematou Jorge Kuntz.

Back to top