O CAMPO MUNICIPAL DA PEDREIRA CONTARÁ CON NOVAS PORTERÍAS DE FÚTBOL 7
Nas vindeiras semanas serán instaladas de cara á tempada 2022-2023
A concelleira de Deportes Begoña Roldós informou hoxe da aprobación da adquisición de porterías de fútbol 7 e redes para o campo municipal da Pedreira co fin de manter en bo estado o campo e garantir unha utilización sen riscos para os seus usuarios.
Así, procederase á adquisición de dúas porterías de fútbol 7 abatibles feitas en aluminio, coas súas correspondentes redes, ao proveedor Suministros Técnicos Deportivos S.L. por 2.798,49 €.
A concelleira confirmou que a adquisición deste equipamento “responde a unha demanda tanto para escola de fútbol como para a comunidade futbolística que cada certo tempo celebra encontros nestas instalacións coas categorías inferiores”.