Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL MUGARDÉS APOSTA POLA PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA ELABORACIÓN DA NORMATIVA MUNICIPAL

A veciñanza pode acceder a toda a normativa en elaboración e aportar as súas propostas

O concelleiro de Participación, José Miguel Mahía, informou hoxe da nova aposta pola transparencia e a participación da veciñanza na xestión municipal coa posta en marcha do apartado “Participación cidadá na elaboración normativa” da web municipal.

Trátase dunha acción conxunta de todas as ferramentas de comunicación entre o goberno municipal e a veciñanza, onde se integran os medios de intercambio de información como son, a web, a sede electrónica e o portal de transparencia, para que todos os veciños e veciñas que así o desexen poidan trasladar as súas propostas nas diferentes fases nas que se atopen as iniciativas normativas: consulta, audiencia ou información pública.

O concelleiro incidíu en que “a participación cidadá no proceso de elaboración de ordenanzas e regulamentos ten por finalidade poder contar coa opinión e achegas da veciñanza e das súas organizacións e asociacións representativas cando o concello ten detectado un problema ou necesidades que requiran aprobar unha ordenanza ou regulamento ou modificar algún xa existente”.

Todos aqueles que desexen coñecer máis sobre esta iniciativa poden facelo accedendo á web municipal www.mugardos.gal no apartado “Participación cidadá na elaboración normativa”.

Back to top