Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AVANZA NA DEMOLICIÓN DO INMOBLE DE COTELLÓN 1

A obra haberá de realizarse por execución subsidiaria ao non atoparse aos propietarios do inmoble

O alcalde e responsable do departamento de Urbanismo e Mobilidade municipal, Juan Domingo de Deus, informou hoxe da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do proxecto de dirección e seguridade da obra de demolición da vivienda sita na rúa Cotellón, número 1.

A actuación consistirá na execución subsidiaria por parte do concello do derrubamento e posterior adecuación do espazo, que neste momento está ocupado por unha vivienda ruinosa sen mantemento, e que está a ocasionar problemas nas vivendas colindantes.

O alcalde fixo unha sucinta exposición da xestión deste expediente, que leva xa máis dun ano de tramitación “Desde a declaración de ruína ata a obriga legal de localizar aos lexítimos propietarios do inmoble previa á execución subsidiaria da derriba, a maioría das veces pasa moito máis tempo do que nos gustaría xa que son procesos legalmente lentos e restrictivos. A publicación nos boletíns oficiais tanto provincial como do estado de cada un dos procedementos, cos seus prazos de comunicación, ralentizan enormemente a tramitación”.

O alcalde expuxo que neste momento hay ducias de expedientes de declaración de ruína e de solicitude de actuacións dos propietarios en vivendas con risco para a seguridade que, ao igual que no caso de Cotellón 1, levan meses e meses de tramitación. “Estas tramitacións son lentas e silenciosas e ao traballo administrativo previo que supón a localización de propietarios e/ou herdeiros, súmase que o concello debe someterse aos mesmos trámites legalmente previstos para a execución dunha obra aos que está sometido calquera veciño ou veciña, neste caso, a execución da obra de demolición”.

Back to top