NOVO ACTO DE VANDALISMO NO SEIXO
A Concellería de Obras procederá nos próximos días á contratación dunha empresa para o arranxo dos danos ocasionados nun novo acto de vandalismo, nesta ocasión no parque do Seixo.
Os feitos ocorreron o mércores 12 da pasada semana, e hoxe xa foi recibido o orzamento para levar a cabo o arranxo dos danos, que consistirán na sustitución de 10 metros lineais de barandilla de madeira.
Jorge Kuntz, responsable do departamento de obras lamentou que “o estado xeral da varanda é malo ya que, unha vez máis, faltou mantemento durante anos. Ese é o motivo de que se teñan que sustituir tantos metros da estrutura”.