Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVA OFERTA NA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL: Operario/a de producción e carretilleiro/a

A empresa Imán vén de poñerse novamente en contacto coa Bolsa de Emprego do Concello de Mugardos, xa que estase a realizar unha selección de operario/a de producción con experiencia no sector lácteo para a zona da Coruña e Lugo.

Algunhas das funcións principais serán:

  • Control dos parámetros operacionales do proceso produtivo
  • Fabricación e envasado dos produtos
  • Mantemento de primeiro nivel dos equipos de produción
  • Verificación da calidade, cooperando na preservación do bo estado de saúde do produto

Ofrécese contrato a xornada completa e horario a quendas rotativas.

Para os candidatos requírese coche propio e experiencia previa como operario/a de produción na industria láctea ou alimentaria. Valoraranse os coñecementos en procesos de separación.

A maiores búscase tamén un carretilleiro/a con experiencia no posto e dispoñibilidade para traballar.

Para máis información e para a presentación de candidaturas, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa empresa Imán (www.imancorp.es ou chamando ao 881 24 03 11).

Back to top